23/7/09

De BUCIOS e BUXEIROS

.
.
.
. .
.
Segundo o Dicionario Xerais da Lingua, a etimoloxía de “bucio” –molusco gasterópodo mariño de tamaño grande, coa cuncha en espiral e de forma cónica– é o latín buccinu(m) “corno” (páx. 194).
.
É sabido que, en Cerdedo, os pastores encomendados na condución do gando ás chairas verdecentes do alto Seixo convocaban a rolda facendo soar estrondosamente os seus bucios (ou cornos).
.
Obtiven noticias a través da Internet respecto dunha outra denominación para o tal instrumento: “buxeiro”, empregada na freguesía de Figueiroa de Cerdedo. Así mesmo, noutra freguesía do mesmo concello, Parada, chamábaselles aos pegureiros do Seixo “carabuxeiros”.
.
O inefábel Fr. Martiño Sarmento consignou no seu Catálogo de voces e frases da lingua galega (1745-1755) a expresión “caramucheiros”, que recollera en Cerdedo, berce dos seus devanceiros: Chaman así no Seixo aos que son alugados para gardar alí o gando, e os naturais inxúrianos con esta voz (páx. 401 da edición de J. L. Pensado).
.
No Dicionario Xerais a voz “caramuxo” ou “caramuxa” designa outra sorte de moluscos gasterópodos mariños (páx. 232).
.
No Gran Dicionario Xerais da Lingua rexístrase a voz “carabuxo” como sinónima de “carrabouxo” ou “carrabouxa”, tendo esta, como primeira acepción: "excrecencia do carballo e doutras árbores que ten forma de bóla cuberta de engurras e picos" (páx. 385).
.
O “bucio” ou “buxeiro” da fotografía achégase no seu aspecto á definición proposta para “carrabouxo” (da raíz prerromana carr-).
.
Que cadaquén tire as súas conclusións.
.
.
>>>
As fotografías pirateeinas en:
.
.
.

No hay comentarios: