26/7/09

Arquipélago de CHILOÉ (Chile): A GALIZA do Pacífico Sur

.
. .
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Se queredes ver máis fotos desta Galiza austral, clicade a seguir:
.
.
.
Lin nalgures que o motivo que levou os colonizadores a rebautizar Chiloé (voz huilliche que significa "illa das gaivotas") co nome de Nova Galicia foi o abalo e devalo das mareas, aínda que, en vendo as fotos, outras moitas deberon ser as razóns.
.
.
Máis información:
.
.
Que no vos amargue botarlle unha olladiña á súa mitoloxía:
.
.
.
Engado senllas ligazóns a dous libros ben interesantes: A cultura da morte en Chiloé e Relatos orais de Chiloé, da autoría de Marco Antonio León León e Erwin Haverbeck, respectivamente:
.
.
.
Tamén, un atallo cara a un xeitoso artigo administrado en dúas doses:
.
.
.
E para rematar, recomendo a lectura de Galicia e Chiloé. Confíns míticos (1997), do galego Edmundo Moure.
.
.

25/7/09

O ENIGMA do apelido CADAVIDE

.
. .
.
Solución A:
O apelido Cadavide é un antropotopónimo, é dicir, o nome dunha propiedade rural vencellada ao nome da persoa que a explotou na antigüidade. A etimoloxía que se albisca, *(villa) Cataviti, viría significar "o agro de Catavito", sendo Catavito o chamadeiro deste antigo posesor. Os topónimos Alvite (de Alvito), Arcade, Baamonde, Bande, Beade, Caride, Cartelle, Chorente, Crecente, Moeche, Melide, Oeste, Paderne, Pedre, Rosende, Xermade, Xove... son tamén antropotopónimos.
.
Solución B:
A forma Cadavide é voz derivada de cádavo, (probabelmente do latín catavu(m)). Cádavo é un agrotopónimo, isto é, un topónimo relacionado coas prácticas agrícolas e, en particular, co inveterado costume de fertilizar as agras coa borralla resultante da súa queima. Cadavide emparenta con Cádavo, mais tamén cos topónimos Cadaval, Cadavedo, Cadaveira, Cadavosa, Escadavada...
.
Solución C: Tamén como antropotopónimo, pódese interpretar Cadavide como forma sincopada da expresión Cas Davide "a casa de Davide" (Davide é un antropónimo de orixe hebrea que posúe os significados de "amado", "respectado", "amigo" ou "comandante"). O topónimo Casalvito "a casa de Alvito", viría ser un antropotopónimo de estrutura semellante.
.
.
A forma Cadavide, castelanizada en Cadavid ou Cadaviz, está presente, como apelido, nos concellos de Guntín e Lugo (provincia de Lugo) e mais no concello de Pontevedra (provincia de Pontevedra). A forma Cadaviz, como apelido, está presente no concello de Narón (provincia da Coruña), no concello de Ourense (provincia de Ourense) e no concello de Vigo (provincia de Pontevedra). Pola súa banda, a forma Cadavid, como apelido, está presente en 46 concellos, sendo no concello de Cerdedo (provincia de Pontevedra) onde presenta unha densidade meirande. O apelido Cadavide é un apelido orixinario de Cerdedo, mais nin neste concello nin en ningún dos outros 314 da Galiza, existe o topónimo que o xustifique (Consúltese o Nomenclátor).
.
Se o apelido Cadavide está relacionado co nome dun lugar, que eu non poño en dúbida, este desapareceu sen deixar pegada ou foi substituído, nalgún momento da historia, por outra denominación. Cómprenos pescudar, daquela, na vella documentación por ver de esclarecer o enigma.
.
.
>>>
O mapa de distribución do apelido, no cal sobrancea o concello de Cerdedo, tireino da Cartografía dos apelidos da Galiza, elaborada polo ILGA.
.
.

MALIA TODO, ditoso 25 de xullo!!

.
.

.

GOODBYE ABELAÍNDO!!

.
. ...
.
A seguir, unha curiosidade audiovisual achada en Youtube (ano 2007), medianeira entre a etopea saudosa do emigrante retornado (aínda que só sexa en calidade de turista) e o documental socio-etnográfico:
.
.
>>>
Fotografía: A aldea de Abelaíndo (Cerdedo) fotografada dende o outo ceo.
.
.

MANIFESTO da Asociación de Escritores en Lingua Galega

.
. .
.
Lectura pública ao pé da estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela.
.
24 de xullo de 2009
.
.
Léase o manifesto:.
.
.
..

24/7/09

NOBRES RUÍNAS ás beiras do Lérez de Cerdedo (1ª parte)

.
. .
.
.
.
.
.

.
.

.
.
.
.

.
.

.
.
.
.

.
.
>>>
Fotografías 1 e 2: Exterior da ermida do Pegho (Parada-Cerdedo).
Fotografías 3 e 4: Bóveda de canón artesoada, sobre o altar maior.
Fotografía 5: Retallo da pintura mural.
Fotografías 6 e 7: Peto para as esmolas, localizado no habitáculo que iñantes fora confesionario.
Fotografías 8 e 9: Canle da hidroeléctrica (barreira inexpugnábel para a fauna da zona).
Fotografía 10: Isidro fronte ao cachote esgazado da mítica Torre dos Mouros.
.
.

23/7/09

De BUCIOS e BUXEIROS

.
.
.
. .
.
Segundo o Dicionario Xerais da Lingua, a etimoloxía de “bucio” –molusco gasterópodo mariño de tamaño grande, coa cuncha en espiral e de forma cónica– é o latín buccinu(m) “corno” (páx. 194).
.
É sabido que, en Cerdedo, os pastores encomendados na condución do gando ás chairas verdecentes do alto Seixo convocaban a rolda facendo soar estrondosamente os seus bucios (ou cornos).
.
Obtiven noticias a través da Internet respecto dunha outra denominación para o tal instrumento: “buxeiro”, empregada na freguesía de Figueiroa de Cerdedo. Así mesmo, noutra freguesía do mesmo concello, Parada, chamábaselles aos pegureiros do Seixo “carabuxeiros”.
.
O inefábel Fr. Martiño Sarmento consignou no seu Catálogo de voces e frases da lingua galega (1745-1755) a expresión “caramucheiros”, que recollera en Cerdedo, berce dos seus devanceiros: Chaman así no Seixo aos que son alugados para gardar alí o gando, e os naturais inxúrianos con esta voz (páx. 401 da edición de J. L. Pensado).
.
No Dicionario Xerais a voz “caramuxo” ou “caramuxa” designa outra sorte de moluscos gasterópodos mariños (páx. 232).
.
No Gran Dicionario Xerais da Lingua rexístrase a voz “carabuxo” como sinónima de “carrabouxo” ou “carrabouxa”, tendo esta, como primeira acepción: "excrecencia do carballo e doutras árbores que ten forma de bóla cuberta de engurras e picos" (páx. 385).
.
O “bucio” ou “buxeiro” da fotografía achégase no seu aspecto á definición proposta para “carrabouxo” (da raíz prerromana carr-).
.
Que cadaquén tire as súas conclusións.
.
.
>>>
As fotografías pirateeinas en:
.
.
.