23/8/15

UN OTERO ESPASANDÍN DE VINTE ANOS ( e IV ) - Faro de Vigo (23-8-2015)

.
.
.
.
.
.
"Pídoche, Castrodiz, dende esta terra, 
envellecida nova, metro e medio 
de chan, pra cando morra..."
.
.
.

Roldando a trintena, Otero Espasandín xa é unha figura consagrada no eido do maxisterio, o xornalismo e a literatura.

No nº 51 da revista Nós (15 de marzo de 1928, páx. 58), Otero Espasandín publica o artigo titulado “Nova aportación á lírica galega”, unha gabanza do poeta Emilio Mosteiro.
El Pueblo Gallego do 28 de marzo de 1928 (en portada), na sección “Los trabajos y los días”, O aínda galeguista Evaristo Correa Calderón (1899-1986) publica un artigo titulado “Patria y magisterio”. Extraemos o seguinte:
Uno de los problemas básicos, y uno de los más urgentes, en la Galicia actual, es la escuela [...] Una escuela sin espíritu, sin carácter, no sería absolutamente eficaz. Es preciso que nuestra escuela tenga un alma gallega, un sentido proselitista, para que deje huella, para que alumbre pasión en las nuevas conciencias pueriles [...] “¿Hay que dar en nuestra tierra un sentido gallego a la pedagogía?” [...] No debería dudarse esto ni un momento, porque todo cuanto se haga en contrario será obra estéril [...] Si esto no se hace, la enseñanza en Galicia será híbrida, artificial e inconsistente. Nosotros perderemos un patriota, pero no por eso lo habrá ganado España para sí.
Sigo con atención creciente los trabajos que la Asociación de Maestros de Vigo realiza para llevar a cabo una Asamblea del Magisterio Gallego. Junto a las mejoras de clase que figuran en su programa, no debe olvidarse el tema trascendente de dar una dirección racial a nuestra cultura primaria [...] Los maestros gallegos deben darse cuenta de que antes que maestros son gallegos [...] Existe a la hora presente, en nuestra tierra, una pléyade brillante de maestros intelectuales. Recordemos los más visibles: Noriega Varela, Risco, Otero Espasandín, V. Taibo, Dieste, “Roxerius”, Juan Jesús González, Salgado Toimil, Antonio Couceiro, Correa Álvarez, Santos Vila, Órtiz Novo, Prol, Soto Menor, “Ben-cho-sey”.
Antes que formar la generación que va a venir, habría que formar los institutores abnegados, idealistas, que han de moldearla; comunicarles una conciencia gallega, una responsabilidad.
Oito anos despois, o réxime franquista bendicido por Correa Calderón abriralles expedientes de depuración aos mestres Vitoriano Taibo, Roxelio Pérez Roxerius, Juan Jesús González e Xosé R. Fernández-Oxea Ben-Cho-Shey. O mestre Luís Soto Menor será detido. Os mestres Rafael Dieste e Otero Espasandín víronse abocados ao exilio.
El Pueblo Gallego do 20 de xuño de 1928 (páx. 2), na sección “Prisma”, publica un artigo de Augusto María Casas, titulado “Los poetas nuevos de Galicia”. No seu proxecto “Índice de la lírica gallega contemporánea” (“Esquema da nova poesía galega”, Nós, 1935), Casas escolma, entre outros, os seguintes: Amado Carballo, Correa Calderón, Euxenio Montes, Ánxel Casal, Manuel Antonio, Bouza Brey, Johan Carballeira, Xesús Bal y Gay, Blanco Amor, Emilio Mosteiro, Xulio Sigüenza, Denys Fernández (C. Sánchez Mazas), el mesmo e Otero Espasandín.
De Otero Espasandín, anota: su obra poética permanece, casi inédita, en periódicos y revistas. Prepara su libro “Alfabeto”. Su elevada categoría lírica es indiscutible. Recordamos un poema a. 1926 que lleva por epígrafe “Parábola”.
Na páxina 11 de El Pueblo Gallego do 27 de xuño de 1928, baixo o titular “Información general. Ingreso en la Escuela Superior del Magisterio”, lemos: En la Sección de Ciencias han conseguido ser aprobados en el examen de ingreso los siguientes maestros y maestras: (unha listaxe de trece nomes). Felicitamos a los ingresados, especialmente a nuestro colaborador, señor Otero Espasandín.
No xornal El Correo de Galicia (Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina) do 19 de agosto de 1928, na sección “Información de Galicia. Santiago.- Notas de Sociedad” (páx. 8), lemos que Otero Espasandín, “destacado escritor”, estivera en Compostela.
En El Pueblo Gallego do 4 de setembro de 1928 (páx. 2), Otero Espasandín publica o poema titulado “Sementeira”, dedicado á memoria de Amado Carballo, no cabodano do seu pasamento (3-9-1927): Arco da vella / disparas a frecha do campanario / ó corazón do ceo...
No xornal vigués El Pueblo Gallego do 13 de setembro de 1928 (en portada), na sección “Los trabajos y los días”, Correa Calderón asina un artigo titulado “La poesía nueva y Galicia”, do que salientamos: Hoy por hoy, poseemos en Galicia una escuela de lírica nueva de la más fina calidad. En la que ya tenemos muertos que honrar con obsequios de versos, como Amado Carballo (†1927). Eugenio Montes, Manuel Antonio, Otero Espasandín, Blanco Amor, Augusto María Casas, Johan Carballeira, Bouza Brey [...] forman un núcleo de poetas digno de presentar en cualquier acto de afirmación.
Otero Espasandín redacta o limiar do poemario O Galo da autoría de Amado Carballo, publicado postumamente en 1928 na editorial Nós: Camiño da miña terra como a súa, nas veiras de Lérez dei con el (vran de 1927) n’unha casiña homilde de Pontevedra. Inda que nunca nos viramos, os nosos brazos cruzáronse como pra refrorecer unha vella aperta...
No nº 58 da revista Nós (15 de outubro de 1928, páxs. 190-1), Otero Espasandín publica unha reseña do libro De catro a catro de Manuel Antonio, publicado tamén pola editorial Nós: E tocáballe a este mariñeiro coa pértega do mastro máis esguío dal-o brinco ás extremas latitudes da poesía contemporánea...
Dezaoito anos despois, no vespertino compostelán La Noche do 13 de xullo de 1946 (páx. 3), na sección “Plumas y letras gallegas” e baixo o titular “Un xuicio sobre o libro de Manuel Antonio “De catro a catro””, reprodúcese a devandita recensión. Na sinatura lese: Outeiro Espasandín.
O 17 de setembro de 1929 (en portada), o xornal El Pueblo Gallego congratúlase pola invitación que a Universidade de Berlín lle fai a Filipe Fernández Armesto (Augusto Assía), colaborador do periódico, para impartir naquelas aulas unha conferencia sobre literatura. A maiores: El Pueblo Gallego no puede por menos de teñir de alborozo sus columnas, registrando este triunfo de la mocedad gallega, la más apetecible mocedad Dieste, Montes, Amado Carballo, Jesús Bal, Fernández Mazas, Maside, Otero Espasandín, Augusto Casas, Bonome, Correa Calderón, Santiso Girón y otros más que en este periódico, cordial mano desnuda, alzaron su gallarda verticalidad de antenas.  
Imos rematando. Nesta serie de catro artigos, quixemos deixar constancia do torbeliño vital daquel Otero Espasandín da década dos vinte. A ardencia dun galego de Cerdedo que, na flor da mocidade, axudou a forxar os alicerces do país.
“Bo e xeneroso”, foi condenado ao limbo dos apátridas. Porén, con 49 anos de idade e dez de desterro, en carta a Fernández del Riego, escribe: Y mientras un pueblo tenga voz, existe. Que la del nuestro siga hablando al mundo y diga hoy como ayer y como mañana cuan amplio y hondo es nuestro corazón y nuestra esperanza.
Mesmo na soleira dos 87 anos, cun pé na sepultura, nunha carta remitida dende Bethesda-Maryland (USA) ao seu veciño Manuel Monteagudo, Otero Espasandín insiste: ...Mi infancia, pasada en Castro, se posesionó de mi memoria, con todo lo bueno y lo no tan bueno de aquellos años [...] recién entrado en el año 87 de mi existencia, cedo a la condición galaica que en mi pecho palpita vigorosa [...] Le advierto que en lo íntimo me sigo siendo el arrapiezo de comienzos de siglo (3-1-1987).
Na mesma misiva, Otero Espasandín non esquece enviarlle saúdos respectuosos a Rodríguez Fraiz. Ambos os dous non esquecerían, así mesmo, dedicarlle algún dos seus escritos a outro paisano, o Padre Sarmento. Espasandín en 1943 (“Noticia” introdutoria á edición do “Estudio sobre el origen y formación de la lengua gallega” de Sarmento); Rodríguez Fraiz en 1972 (“Los ascendientes del Padre Martín Sarmiento en Cerdedo”). O triángulo inscrito na circunferencia.
O propio Manuel Monteagudo (“Lembranza de Xosé Otero Espasandín”, Verbo Xido nº 11, ano 2005) solicita: eu penso o mesmo que hai máis de vinte anos: no pico máis alto de Castrodiz, onde el pedira metro e medio de chan pra cando morrera, poñerlle un busto coa súa efixie.
Otero Espasandín, autor dos significativos poemas “Pico de Castrodiz” e “Pontes do Lérez”, é un esquecido na súa terra. Agradezamos xaora a oportuna biografía (D. Pereira, 2004), a edición da súa obra en galego (M. Cuquejo, 2006), as merecidas homenaxes, setembro de 2000 e xullo de 2013 (nº 26 do boletín Verbo Xido, 2013), mais, cominemos a autoridade a honrar por sempre a memoria deste ilustre veciño de Castro, rebautizando o colexio de Cerdedo ou outorgándolle o seu nome ao edificio denominado Centro Cultural. Así mesmo, apelamos á Academia Galega para que tome en consideración a vida, a obra e o exemplo de Xosé R. Otero Espasandín para vindeiras edicións do Día das Letras Galegas.  
“Vive quien deja y deja el que ha vivido” (A. Machado).

.
.
.

No hay comentarios: